O BNG pide ao Goberno central que fixe un prezo mínimo para o leite como fai Francia. Olaia Fernández Davila presenta unha iniciativa no Congreso sobre o pacto alcanzado no país galo para fixar un prezo do leite de 34 céntimos o litro e reclama que o Estado español "siga o mesmo modelo".
