As explotacións galegas producen o 40% do leite do Estado pero son as que menos cobran. A industria láctea paga ás granxas galegas un 20% menos que ás de Andalucía ou Asturias.
Fálase
O moañés Delio Fernández impúxose na sétima etapa da Volta a Portugal, no alto da Torre, por diante do arousán Gustavo Veloso. Veloso lidera a clasificación xeral, con Fernández segundo a 21" e Alex Marque quinto, e encamíñase cara ao triunfo final en Lisboa.
Máis de 500 tractores e 2.000 persoas participaron este xoves na tractorada que en Chantada esixiu prezos dignos para o leite.
Unha nova mobilización de gandeiros en Chantada reclama prezos xustos para o leite galego e futuro para o sector no país. Foto de @Natalia_P_Fdez.
A Xunta destina 400 millóns a ampliar Sogama e construír outra planta para residuos. Así o vén de anunciar Feijóo, que prevé que os proxectos entre en funcionamento en 2017.
O BNG reuniuse tamén co Partido Galeguista na procura dunha candidatura unitaria de cara ás xerais tras se xuntar xa con CxG e Agora Galiza. As dúas formacións coinciden en levar a cabo a confluencia "sobre un amplo proceso social de carácter participativo".
Amancio Ortega gañou 15.538 millóns desde xaneiro coas accións de Inditex, 515 tan só no día de onte. O grupo téxtil xa vale máis de 100.000 millóns en Bolsa tras pechar nun novo máximo.
Faro de Vigo afonda na figura do propietario de Rojadirecta, Igor Seoane, que ten a base da polémica empresa en Arteixo.
Envorca un barco con centos de persoas perto da costa de Libia. Médicos Sin Fronteras advirte xa de "moitas mortes" malia que 400 persoas foron rescatadas con vida.
O bipartidismo recupera terreo e Podemos segue caendo, segundo a enquisa do CIS. O PP gañaría as eleccións e aumentaría a súa vantaxe co PSOE, segundo o inquérito.