Faro de Vigo afonda na figura do propietario de Rojadirecta, Igor Seoane, que ten a base da polémica empresa en Arteixo.
Fálase
Envorca un barco con centos de persoas perto da costa de Libia. Médicos Sin Fronteras advirte xa de "moitas mortes" malia que 400 persoas foron rescatadas con vida.
O bipartidismo recupera terreo e Podemos segue caendo, segundo a enquisa do CIS. O PP gañaría as eleccións e aumentaría a súa vantaxe co PSOE, segundo o inquérito.
O calendario de tramitación parlamentaria dos Orzamentos do Estado, que poderían ser definitivmente aprobados entre o 19 e o 23 de outubro no Congreso, determina que as eleccións xerais se poderían celebrar entre o 13 e o 20 de decembro. Ata agora nunca se celebraran unhas eleccións no mes de nadal.
Artur Mas considera suficiente unha maioría de escanos, aínda que Junts pel Sí non consiga unha maioría de votos, para iniciar o proceso soberanista
El Diario explica os Orzamentos do Estado en oito claves. Destaca que os cartos para Sanidade recuperan un 3,6% tralo recorte do 35% de 2014, o case inexistente ascenso das bolsas (0,2%), o tímido incremento da asignación para I+D (un 0,4% fronte ao descenso dun 13% na lexislatura), ou a ausencia de fondos para os permisos de paternidade dun mes de duración.
O investimento no AVE dispárase nos Orzamentos do Estado, en detrimento da aposta polo tren convencional. Destacan os 1.077 millóns que se gastarán no treito Olmedo-Lubián-Ourense-Vigo.
Diagonal conversa nesta reportaxe con València en Comú, Barcelona en Comú, Marea Atlántica e Ahora Madrid sobre Economía feminista no municipalismo e as posibilidades de transitar a outro modelo económico
Diagonal destaca nesta reportaxe o paulatino incremento das restricións legais á práctica do nudismo nas praias españolas nas tres últimas décadas. O El Tribunal Supremo ditaminou o pasado 22 de abril que o nudismo non é un dereito, avalando as normativas municipais que o prohíben en moitos lugares.
A Marea Atlántica anuncia que devolverá á Deputación da Coruña a parte do soldo que excede ás retribucións máximas permitidas polo Código Ético da formación (35 mil euros). O acordo acadado por PP, PSdeG-PSOE, BNG e Alternativa dos Veciños fixa un salario de 51 mil euros para os e as deputadas