A Marea Atlántica anuncia que devolverá á Deputación da Coruña a parte do soldo que excede ás retribucións máximas permitidas polo Código Ético da formación (35 mil euros). O acordo acadado por PP, PSdeG-PSOE, BNG e Alternativa dos Veciños fixa un salario de 51 mil euros para os e as deputadas
Fálase
O BNG reúnese con Agora Galiza para analizar a "posible colaboración" de cara ás xerais. As dúas formacións coinciden en "reclamar a autodeterminación de Galiza" no debate sobre a estrutura do Estado.
Lence (Leite Río) di que os gandeiros fan tractoradas "porque lles gusta ir de festa". Jesús Lence asegura que hai que "despolitizar o sector" leiteiro e volver cargar contra os traballadores.
PP, PSOE e BNG votan a favor das novas retribucións na Deputación da Coruña. Nin a Marea Atlántica nin Compostela Aberta votaron unha proposta de organización que si apoiou Alternativa dos Veciños.
A Casa Tomada pecha as súas portas. O espazo social de intervención artística da Coruña finaliza a súa actividade por "desgaste" do colectivo que se responsabilizou da súa programación nos seus dous anos de vida. Unha festa, o vindeiro 29 de agosto, servirá para dicir "deica logo". Un novo equipo, co seu propio proxecto, tomará o relevo
O paro rexistrado baixa en máis de 12.000 persoas en Galicia e en 74.000 no Estado no mes de xullo, onde a afiliación sobe en case 60.000. Máis información, nuns minutos en Praza.
Mas convoca o 27S e cre que Cataluña "tense gañado o dereito a decidir".
O PP da Coruña deixou sen pagar 261.000 euros de facturas á concesionaria de Nostián. O interventor municipal censura que non se tivese pagado malia o tempo transcorrido.
O Gaiás precisa obras para a suxección de lousas da fachada cinco anos despois da súa apertura. Cóntao La Voz de Galicia.
A vacina VSV-EBOV contra o ébola presenta resultados moi esperanzadores, segundo o publicado pola prestixiosa revista médica The Lancet. Debido á urxencia que require esta crise, o desenvolvemento clínico desta vacina fíxose desde a proba inicial en humanos. No ensaio estiveron implicadas 4.000 persoas en contacto estreito co virus hemorráxico en Guinea, un dos tres países afectados pola actual epidemia.