Mas convoca o 27S e cre que Cataluña "tense gañado o dereito a decidir".
Fálase
O PP da Coruña deixou sen pagar 261.000 euros de facturas á concesionaria de Nostián. O interventor municipal censura que non se tivese pagado malia o tempo transcorrido.
O Gaiás precisa obras para a suxección de lousas da fachada cinco anos despois da súa apertura. Cóntao La Voz de Galicia.
A vacina VSV-EBOV contra o ébola presenta resultados moi esperanzadores, segundo o publicado pola prestixiosa revista médica The Lancet. Debido á urxencia que require esta crise, o desenvolvemento clínico desta vacina fíxose desde a proba inicial en humanos. No ensaio estiveron implicadas 4.000 persoas en contacto estreito co virus hemorráxico en Guinea, un dos tres países afectados pola actual epidemia.
Importante incendio en Freiremar, Vigo. A columna de fume pódese ver desde calquera punto da cidade. Foto de @RadioVigo.
Yanis Varoufakis e James Galbraith escriben sobre o chamado Plan B do Ministerio de Finanzas e o sistema de pagamentos paralelo e contra as acusacións de traizón lanzadas contra o ex ministro grego. Sinpermiso publica, ademais, outro texto do economista británico Paul Tyson en defensa do plan de Varoufakis
Os conflitos polas condicións de traballo caen un 23% ante o temor a perder o emprego. Os servizos de mediación rexistraron o ano pasado 16.005 expedientes, 4.861 menos que antes do inicio da crise
O equipo de goberno do Concello de Boimorto, perante a posibilidade dunha moción de censura presentada polo PP, celebrará este luns ás 12 horas unha rolda de prensa no salón de plenos da Casa Consistorial de Boimorto. O BNG responsabiliza a Núñez Feijoo, directamente, da moción.
Praza non se actualizará nas fins de semana de agosto por descanso da redacción. Lémonos o luns!
A Plataforma de Afectados pola Hepatite C en Galicia insta o Sergas a asumir o fallo do TSXG que lle esixe á Administración sanitaria galega que sufrague o tratamento a reclusos e reclusas.