Os conflitos polas condicións de traballo caen un 23% ante o temor a perder o emprego. Os servizos de mediación rexistraron o ano pasado 16.005 expedientes, 4.861 menos que antes do inicio da crise
Fálase
O equipo de goberno do Concello de Boimorto, perante a posibilidade dunha moción de censura presentada polo PP, celebrará este luns ás 12 horas unha rolda de prensa no salón de plenos da Casa Consistorial de Boimorto. O BNG responsabiliza a Núñez Feijoo, directamente, da moción.
Praza non se actualizará nas fins de semana de agosto por descanso da redacción. Lémonos o luns!
A Plataforma de Afectados pola Hepatite C en Galicia insta o Sergas a asumir o fallo do TSXG que lle esixe á Administración sanitaria galega que sufrague o tratamento a reclusos e reclusas.
Rajoy lanza a campaña electoral prometendo unha nova baixada de impostos se gaña os comicios.
CCOO, CIG, CSI-F e UGT piden a dimisión da conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, e do secretario xeral de Medio Rural e Montes "pola súa nefasta xestión na política de xestión de incendios forestais"
Xulio Ferreiro, que se reuniu con Manuela Carmena, aposta por unha candidatura de confluencia no marco galego na que son "imprescindibles" as formacións que integran a Marea (Esquerda Unida, Anova, Equo ou Podemos) e na que se poderían integrar outras forzas.
Medio Ambiente publica o mapa do deslinde de todo o litoral, cos miles de vivendas sin regularizar a pé de costa, unhas 12.500 en Galicia. Pódese consultar neste enlace.
Os desafiuzamentos seguiron aumentando en 2014 en España, cun total de 17.113 (un 2,18% máis que en 2013). Tamén se incrementou a dación en pago, que creceu un 10%
O Goberno aumentará nun 1% os salarios dos funcionarios das Administracións Púbicas en 2016 despois de cinco anos de conxelación, e devolverá o 75% da paga extraordinaria de decembro de 2012 entre este ano e o que vén. As pensións subirán só o 0,25% a pesar das previsións de crecemento económico