Os desafiuzamentos seguiron aumentando en 2014 en España, cun total de 17.113 (un 2,18% máis que en 2013). Tamén se incrementou a dación en pago, que creceu un 10%
Fálase
O Goberno aumentará nun 1% os salarios dos funcionarios das Administracións Púbicas en 2016 despois de cinco anos de conxelación, e devolverá o 75% da paga extraordinaria de decembro de 2012 entre este ano e o que vén. As pensións subirán só o 0,25% a pesar das previsións de crecemento económico
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo solicítalle a España por primeira vez que explique dous casos de devolución en quente na valla de Melilla
A Coruña descarta municipalizar a ORA polo "risco económico grave" que suporía botar atrás a adxudicación. Setex Aparkisa encargarase do servizo, no que se prevén cambios.
O incendio de Palmés, en Ourense, queimou xa 230 hectáreas e segue activo, aínda que xa foi estabilizado. Xa foi extinguido o que afectou a Vilardevós (e que queimou 102 hectáreas) e o de Cualedro (22 hectáreas)
Os soldos caeron un 0,14% en Galicia en 2014, ata os 19.854,44 euros brutos anuais, a segunda cifra máis baixa de España, superando só a Canarias e Estremadura.
Rajoy afirma sentirse "orgulloso" de Xavier García Albiol, o xenófobo ex alcalde de Badalona, porque "ten as idas claras" e "coñece os problemas reais da xente".
O voto das cinco comunidades autónomas gobernadas polo PP, decisivo para aprobar a proposta do Goberno central para que as autonomías reduzan o seu déficit ao 0,3% do PIB en 2016. Terán 10.000 millóns máis que o ano pasado para financiarse
O acordo PSdeG-PP para a renovación dos órganos estatutarios abre unha fenda con AGE e BNG. Beiras asegura que "racharon as pontes de diálogo" cos socialistas. Máis información, hoxe en Praza.
Concentración ante Casas Novas pola discriminación a unha nena galegofalante, que foi "humillada" por falar nesta lingua, segundo denunciou a súa familia á Mesa de Normalización Lingüística. Foto: @galizacig.