O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo solicítalle a España por primeira vez que explique dous casos de devolución en quente na valla de Melilla
Fálase
A Coruña descarta municipalizar a ORA polo "risco económico grave" que suporía botar atrás a adxudicación. Setex Aparkisa encargarase do servizo, no que se prevén cambios.
O incendio de Palmés, en Ourense, queimou xa 230 hectáreas e segue activo, aínda que xa foi estabilizado. Xa foi extinguido o que afectou a Vilardevós (e que queimou 102 hectáreas) e o de Cualedro (22 hectáreas)
Os soldos caeron un 0,14% en Galicia en 2014, ata os 19.854,44 euros brutos anuais, a segunda cifra máis baixa de España, superando só a Canarias e Estremadura.
Rajoy afirma sentirse "orgulloso" de Xavier García Albiol, o xenófobo ex alcalde de Badalona, porque "ten as idas claras" e "coñece os problemas reais da xente".
O voto das cinco comunidades autónomas gobernadas polo PP, decisivo para aprobar a proposta do Goberno central para que as autonomías reduzan o seu déficit ao 0,3% do PIB en 2016. Terán 10.000 millóns máis que o ano pasado para financiarse
O acordo PSdeG-PP para a renovación dos órganos estatutarios abre unha fenda con AGE e BNG. Beiras asegura que "racharon as pontes de diálogo" cos socialistas. Máis información, hoxe en Praza.
Concentración ante Casas Novas pola discriminación a unha nena galegofalante, que foi "humillada" por falar nesta lingua, segundo denunciou a súa familia á Mesa de Normalización Lingüística. Foto: @galizacig.
Xunta e Concello da Coruña asumiron indemnizar o Porto se freaban a urbanización do peirao. O convenio asinado por Vázquez obriga a compensar o ente portuario se non se reordena o porto para facilitar a venda dos terreos.
Vinte responsables de festivais audiovisuais galegos, convocados pola Academia Galega do Audiovisual, acordaron este martes en Santiago crear unha coordinadora que se constitúa en voz única ante as administracións, sirva para o apoio técnico e xurídico mutuo e estableza un calendario de festivais.