Rajoy afirma sentirse "orgulloso" de Xavier García Albiol, o xenófobo ex alcalde de Badalona, porque "ten as idas claras" e "coñece os problemas reais da xente".
Fálase
O voto das cinco comunidades autónomas gobernadas polo PP, decisivo para aprobar a proposta do Goberno central para que as autonomías reduzan o seu déficit ao 0,3% do PIB en 2016. Terán 10.000 millóns máis que o ano pasado para financiarse
O acordo PSdeG-PP para a renovación dos órganos estatutarios abre unha fenda con AGE e BNG. Beiras asegura que "racharon as pontes de diálogo" cos socialistas. Máis información, hoxe en Praza.
Concentración ante Casas Novas pola discriminación a unha nena galegofalante, que foi "humillada" por falar nesta lingua, segundo denunciou a súa familia á Mesa de Normalización Lingüística. Foto: @galizacig.
Xunta e Concello da Coruña asumiron indemnizar o Porto se freaban a urbanización do peirao. O convenio asinado por Vázquez obriga a compensar o ente portuario se non se reordena o porto para facilitar a venda dos terreos.
Vinte responsables de festivais audiovisuais galegos, convocados pola Academia Galega do Audiovisual, acordaron este martes en Santiago crear unha coordinadora que se constitúa en voz única ante as administracións, sirva para o apoio técnico e xurídico mutuo e estableza un calendario de festivais.
A corrupción da trama Púnica pon a proba o pacto de Cristina Cifuentes con Ciudadanos na asemblea de Madrid. Un dos principais imputados sinala ante o xuíz a implicación na trama dun conselleiro, doutro deputado, dun terceiro cargo electo que renunciou e dunha parlamentaria do partido de Albert Rivera
A designación de Xavier García Albiol como candidato do PP ás eleccións ao Parlamento catalán espertou críticas unánimes nas últimas horas entre asrestantes forzas políticas polo perfil xenófobo do ex alcalde de Badalona.
Inspeccionadas máis empresas galegas por pesca ilegal. É a segunda fase dunha operación que xa imputou infraccións moi graves a catro buques.
A Marea Atlántica rexeita a proposta organizativa de PSOE e BNG na Deputación da Coruña. A plataforma considera que "se están a duplicar funcións" e que "semella que se queren conformar dous gobernos".