CCOO, CIG, CSI-F e UGT piden a dimisión da conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, e do secretario xeral de Medio Rural e Montes "pola súa nefasta xestión na política de xestión de incendios forestais"
Fálase
Xulio Ferreiro, que se reuniu con Manuela Carmena, aposta por unha candidatura de confluencia no marco galego na que son "imprescindibles" as formacións que integran a Marea (Esquerda Unida, Anova, Equo ou Podemos) e na que se poderían integrar outras forzas.
Medio Ambiente publica o mapa do deslinde de todo o litoral, cos miles de vivendas sin regularizar a pé de costa, unhas 12.500 en Galicia. Pódese consultar neste enlace.
Os desafiuzamentos seguiron aumentando en 2014 en España, cun total de 17.113 (un 2,18% máis que en 2013). Tamén se incrementou a dación en pago, que creceu un 10%
O Goberno aumentará nun 1% os salarios dos funcionarios das Administracións Púbicas en 2016 despois de cinco anos de conxelación, e devolverá o 75% da paga extraordinaria de decembro de 2012 entre este ano e o que vén. As pensións subirán só o 0,25% a pesar das previsións de crecemento económico
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo solicítalle a España por primeira vez que explique dous casos de devolución en quente na valla de Melilla
A Coruña descarta municipalizar a ORA polo "risco económico grave" que suporía botar atrás a adxudicación. Setex Aparkisa encargarase do servizo, no que se prevén cambios.
O incendio de Palmés, en Ourense, queimou xa 230 hectáreas e segue activo, aínda que xa foi estabilizado. Xa foi extinguido o que afectou a Vilardevós (e que queimou 102 hectáreas) e o de Cualedro (22 hectáreas)
Os soldos caeron un 0,14% en Galicia en 2014, ata os 19.854,44 euros brutos anuais, a segunda cifra máis baixa de España, superando só a Canarias e Estremadura.
Rajoy afirma sentirse "orgulloso" de Xavier García Albiol, o xenófobo ex alcalde de Badalona, porque "ten as idas claras" e "coñece os problemas reais da xente".