Importante incendio en Freiremar, Vigo. A columna de fume pódese ver desde calquera punto da cidade. Foto de @RadioVigo.
Fálase
Yanis Varoufakis e James Galbraith escriben sobre o chamado Plan B do Ministerio de Finanzas e o sistema de pagamentos paralelo e contra as acusacións de traizón lanzadas contra o ex ministro grego. Sinpermiso publica, ademais, outro texto do economista británico Paul Tyson en defensa do plan de Varoufakis
Os conflitos polas condicións de traballo caen un 23% ante o temor a perder o emprego. Os servizos de mediación rexistraron o ano pasado 16.005 expedientes, 4.861 menos que antes do inicio da crise
O equipo de goberno do Concello de Boimorto, perante a posibilidade dunha moción de censura presentada polo PP, celebrará este luns ás 12 horas unha rolda de prensa no salón de plenos da Casa Consistorial de Boimorto. O BNG responsabiliza a Núñez Feijoo, directamente, da moción.
Praza non se actualizará nas fins de semana de agosto por descanso da redacción. Lémonos o luns!
A Plataforma de Afectados pola Hepatite C en Galicia insta o Sergas a asumir o fallo do TSXG que lle esixe á Administración sanitaria galega que sufrague o tratamento a reclusos e reclusas.
Rajoy lanza a campaña electoral prometendo unha nova baixada de impostos se gaña os comicios.
CCOO, CIG, CSI-F e UGT piden a dimisión da conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, e do secretario xeral de Medio Rural e Montes "pola súa nefasta xestión na política de xestión de incendios forestais"
Xulio Ferreiro, que se reuniu con Manuela Carmena, aposta por unha candidatura de confluencia no marco galego na que son "imprescindibles" as formacións que integran a Marea (Esquerda Unida, Anova, Equo ou Podemos) e na que se poderían integrar outras forzas.
Medio Ambiente publica o mapa do deslinde de todo o litoral, cos miles de vivendas sin regularizar a pé de costa, unhas 12.500 en Galicia. Pódese consultar neste enlace.