Lence (Leite Río) di que os gandeiros fan tractoradas "porque lles gusta ir de festa". Jesús Lence asegura que hai que "despolitizar o sector" leiteiro e volver cargar contra os traballadores.
Fálase
PP, PSOE e BNG votan a favor das novas retribucións na Deputación da Coruña. Nin a Marea Atlántica nin Compostela Aberta votaron unha proposta de organización que si apoiou Alternativa dos Veciños.
A Casa Tomada pecha as súas portas. O espazo social de intervención artística da Coruña finaliza a súa actividade por "desgaste" do colectivo que se responsabilizou da súa programación nos seus dous anos de vida. Unha festa, o vindeiro 29 de agosto, servirá para dicir "deica logo". Un novo equipo, co seu propio proxecto, tomará o relevo
O paro rexistrado baixa en máis de 12.000 persoas en Galicia e en 74.000 no Estado no mes de xullo, onde a afiliación sobe en case 60.000. Máis información, nuns minutos en Praza.
Mas convoca o 27S e cre que Cataluña "tense gañado o dereito a decidir".
O PP da Coruña deixou sen pagar 261.000 euros de facturas á concesionaria de Nostián. O interventor municipal censura que non se tivese pagado malia o tempo transcorrido.
O Gaiás precisa obras para a suxección de lousas da fachada cinco anos despois da súa apertura. Cóntao La Voz de Galicia.
A vacina VSV-EBOV contra o ébola presenta resultados moi esperanzadores, segundo o publicado pola prestixiosa revista médica The Lancet. Debido á urxencia que require esta crise, o desenvolvemento clínico desta vacina fíxose desde a proba inicial en humanos. No ensaio estiveron implicadas 4.000 persoas en contacto estreito co virus hemorráxico en Guinea, un dos tres países afectados pola actual epidemia.
Importante incendio en Freiremar, Vigo. A columna de fume pódese ver desde calquera punto da cidade. Foto de @RadioVigo.
Yanis Varoufakis e James Galbraith escriben sobre o chamado Plan B do Ministerio de Finanzas e o sistema de pagamentos paralelo e contra as acusacións de traizón lanzadas contra o ex ministro grego. Sinpermiso publica, ademais, outro texto do economista británico Paul Tyson en defensa do plan de Varoufakis