Unha nova mobilización de gandeiros en Chantada reclama prezos xustos para o leite galego e futuro para o sector no país. Foto de @Natalia_P_Fdez.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/55c35157427f0-clur9_7wcaaflyc.jpg)
Unha nova mobilización de gandeiros en Chantada reclama prezos xustos para o leite galego e futuro para o sector no país. Foto de @Natalia_P_Fdez.
A Xunta destina 400 millóns a ampliar Sogama e construír outra planta para residuos. Así o vén de anunciar Feijóo, que prevé que os proxectos entre en funcionamento en 2017.
O BNG reuniuse tamén co Partido Galeguista na procura dunha candidatura unitaria de cara ás xerais tras se xuntar xa con CxG e Agora Galiza. As dúas formacións coinciden en levar a cabo a confluencia "sobre un amplo proceso social de carácter participativo".
Amancio Ortega gañou 15.538 millóns desde xaneiro coas accións de Inditex, 515 tan só no día de onte. O grupo téxtil xa vale máis de 100.000 millóns en Bolsa tras pechar nun novo máximo.
Faro de Vigo afonda na figura do propietario de Rojadirecta, Igor Seoane, que ten a base da polémica empresa en Arteixo.
Envorca un barco con centos de persoas perto da costa de Libia. Médicos Sin Fronteras advirte xa de "moitas mortes" malia que 400 persoas foron rescatadas con vida.
O bipartidismo recupera terreo e Podemos segue caendo, segundo a enquisa do CIS. O PP gañaría as eleccións e aumentaría a súa vantaxe co PSOE, segundo o inquérito.
O calendario de tramitación parlamentaria dos Orzamentos do Estado, que poderían ser definitivmente aprobados entre o 19 e o 23 de outubro no Congreso, determina que as eleccións xerais se poderían celebrar entre o 13 e o 20 de decembro. Ata agora nunca se celebraran unhas eleccións no mes de nadal.
Artur Mas considera suficiente unha maioría de escanos, aínda que Junts pel Sí non consiga unha maioría de votos, para iniciar o proceso soberanista
El Diario explica os Orzamentos do Estado en oito claves. Destaca que os cartos para Sanidade recuperan un 3,6% tralo recorte do 35% de 2014, o case inexistente ascenso das bolsas (0,2%), o tímido incremento da asignación para I+D (un 0,4% fronte ao descenso dun 13% na lexislatura), ou a ausencia de fondos para os permisos de paternidade dun mes de duración.