O Ministerio de Facenda lanza unha campaña para perseguir os alugueres en negro de vivendas. Os inspesctores cruzarán as referencias catastrais dos pisos coas facturas da luz
Fálase
Al Qaeda toma o control da cidade de Faluya, a 70 quilómetros de Bagdad. Iñigo Sáenz de Ugarte cre que o culpable é o propio presidente Maliki pola súa presión cara aos sunís e que "a guerra de Siria ten capacidade sobrada para contaxiar a violencia alén das súas fronteiras"
O Lugo empata na casa ante o Eibar (0-0). Os lucenses suman 27 puntos, a dous do play-off de ascenso.
Vén de abrir Xentrificación en Vigo, un blog dedicado a "recopilar e difundir novas, reflexións, informacións, imaxes e actividades, en torno aos procesos de xentrificación referidos inicialmente á zona vella de Vigo".
Máis da metade dos asalariados que fan horas extra non as cobran, segundo datos da última Enquisa de Poboación Activa. A porcentaxe case se duplicou dende o 2007.
Ex presos de ETA excarcelados en aplicación da derrogación da doutrina Parot aceptan nun acto en Durango "toda a súa responsabilidade no relativo ás consecuencias do conflito" e reclaman "o dereito a decidir" de Euskadi
O Burela Futbol Sala deu a gran sorpresa da xornada ao derrotar (3-4) o poderoso El Pozo Murcia, terceiro na clasificación, a domicilio. Tamén gañou o Azkar Lugo (3-2) ante o Peñíscola, grazas a un gol no derradeiro segundo. Burela e Lugo son oitavo e décimo na táboa, respectivamente
O Concello do Carballiño solicitaralle á Real Academia Galega que recoñeza a palabra pulpo, ademais de polbo. O alcalde, Argimiro Marnotes, anunciou este venres que o Instituto de Estudios Carballiñeses elaborará un informe para remitirllo á RAG.
A morte hai unhas semanas de Aramis Manukyan, armenio, no CIE de Barcelona, reabre o debate e a polémica sobre estes centros de internamento, onde -destaca Público- se vulneran os dereitos humanos e impera a opacidade
Reino Unido, Estados Unidos e Francia, principais destinos de emigración para os españois nos últimos cinco anos, segundo datos do INE.