A morte hai unhas semanas de Aramis Manukyan, armenio, no CIE de Barcelona, reabre o debate e a polémica sobre estes centros de internamento, onde -destaca Público- se vulneran os dereitos humanos e impera a opacidade
Fálase
Reino Unido, Estados Unidos e Francia, principais destinos de emigración para os españois nos últimos cinco anos, segundo datos do INE.
El Diario lembra unha entrevista coa presidenta de Nuevas Generaciones (NNGG), Beatriz Jurado, na que defendía o dereito ao aborto, que agora critica. Mudou a súa posturas despois dunha forte campaña mediática dos sectores ultra.
A xuíza da Pokémon pide revisar os ordenadores de dous técnicos do Concello da Coruña. Doce persoas, entre concelleiros e técnicos municipais, foron xa imputadas na operación que dirixe a maxistrada De Lara.
O expresidente de Sacyr vendeu 11 millóns de euros en accións da compañía o 23 de decembro, días antes de anunciar a paralización das obras da Canle de Panamá
Menos dun terzo dos votantes do PP quere recortar o dereito ao aborto, segundo unha enquisa que publica El Mundo. Nos restantes partidos o apoio á actual lei é case unánime, o mesmo que entre a poboación menor de 65 anos, onde só o 10% defende a reforma de Gallardón.
O economista David Peón destaca no seu blog que "España (por fin) crea emprego" e sinala que, despois de meses de cifras do paro maquilladas pola emigración ou a desmotivación, no último cuatrimestre de 2013 a caída do paro debeuse fundamentalmente ao incremento da contratación (28.000 afiliados máis ao mes)
O Supremo Tribunal de Justiça portugués libera bares e restaurantes do pagamento de dereitos de autor por teren a televisión ou a radio acesas. A sentenza, que vai ser recorrida ante a xustiza europea pola Sociedade Portuguesa de Autores, parte do cobro a un bar de Felgueiras, hai oito anos, dunha taxa pola emisión dun vídeo de Madonna.
O paro baixou en decembro en España en 107.570 persoas, como xa fóra filtrado na tarde de onte, e no que supón o meirande descenso neste mes dende 1997. A afiliación á seguridade social creceu en 64 mil persoas. Pola contra, en Galicia o desemprego creceu en 209 persoas e as afiliacións caeron en case 13 mil persoas.
Convocan unha sentada fronte ao Concello de Vigo para pedirlle ao Goberno Municipal que cumpra o seu compromiso de "non consentir nin un só desafiuzamento na cidade”. Protestan pola situación de Analía Méndez e as súas dúas fillas menores de idade, que este 31 de decembro perderon a súa vivenda.