O paro baixou en decembro en España en 107.570 persoas, como xa fóra filtrado na tarde de onte, e no que supón o meirande descenso neste mes dende 1997. A afiliación á seguridade social creceu en 64 mil persoas. Pola contra, en Galicia o desemprego creceu en 209 persoas e as afiliacións caeron en case 13 mil persoas.
Fálase
Convocan unha sentada fronte ao Concello de Vigo para pedirlle ao Goberno Municipal que cumpra o seu compromiso de "non consentir nin un só desafiuzamento na cidade”. Protestan pola situación de Analía Méndez e as súas dúas fillas menores de idade, que este 31 de decembro perderon a súa vivenda.
Fomento dálle luz verde ao trazado sur do tren ao porto exterior de Ferrol. Esta solución fronte a outras (a alternativa norte) é criticada por colectivos e entidades de toda a comarca polos prexuízos que podería provocar para a actividade marisqueira e o medio ambiente na zona da Malata.
O BNG pregunta no Parlamento polo estado da colección de Álvaro Gil, se a Xunta falou coa familia, se sabe onde está a colección e se está sometida ao control da Dirección Xeral de Patrimonio, como marca a lei
O presidente de Panamá viaxará a España para esixirlle a Rajoy que Sacyr cumpra o seu contrato e non engada sobrecustes ao prezo previsto das obras de ampliación da Canle. Sacyr contabilizou os sobrecustes como ingresos
O debate no Congreso sobre a reforma da lei do aborto podería adiarse até xuño ou máis tarde, segundo recoñecen a El Diario fontes do Ministerio de Xustiza. O anteproxecto aínda debe pasar de novo polo Consello de Ministros, ao que só se lle presentou un borrador.
O PP advirte de que os seus deputados e deputadas "saben o que teñen que facer" ao ser cuestionado pola posibilidade de dar liberdade de voto na contrarreforma da lei do aborto. En El Diario
O Goberno filtra que o paro baixará en España en máis de 100.000 persoas en decembro. O dato oficial coñecerase mañá venres, pero numerosos medios informan xa sobre este hipotético descenso no desemprego.
O Consello Científico de ATTAC denuncia que as políticas desenvolvidas polo PP supoñen "unha ameaza contra a democracia". A través dun manifesto acusa o Goberno do desmantelamento do Estado de Dereito, da represión policial, da eliminación dos dereitos humanos das mulleres e da desigualdade na distribución da renda.
Materia lembra un curioso episodio da historia da censura da televisión en España. En 1971 un cura católico, asesor de RTVE, vetou a exposición das teorías evolucionistas ante as cámaras e castigou Félix Rodríguez de la Fuente por mencionalas.