O debate no Congreso sobre a reforma da lei do aborto podería adiarse até xuño ou máis tarde, segundo recoñecen a El Diario fontes do Ministerio de Xustiza. O anteproxecto aínda debe pasar de novo polo Consello de Ministros, ao que só se lle presentou un borrador.
Fálase
O PP advirte de que os seus deputados e deputadas "saben o que teñen que facer" ao ser cuestionado pola posibilidade de dar liberdade de voto na contrarreforma da lei do aborto. En El Diario
O Goberno filtra que o paro baixará en España en máis de 100.000 persoas en decembro. O dato oficial coñecerase mañá venres, pero numerosos medios informan xa sobre este hipotético descenso no desemprego.
O Consello Científico de ATTAC denuncia que as políticas desenvolvidas polo PP supoñen "unha ameaza contra a democracia". A través dun manifesto acusa o Goberno do desmantelamento do Estado de Dereito, da represión policial, da eliminación dos dereitos humanos das mulleres e da desigualdade na distribución da renda.
Materia lembra un curioso episodio da historia da censura da televisión en España. En 1971 un cura católico, asesor de RTVE, vetou a exposición das teorías evolucionistas ante as cámaras e castigou Félix Rodríguez de la Fuente por mencionalas.
O PP vén de rexistrar a súa proposta para recortar o Parlamento. Toda a información, hoxe en Praza.
As Novas Xeracións do PP desmárcanse das declaracións nas que algúns dos seus membros se amosaban críticos coa contrarreforma da lei do aborto e din que defenden "o dereito á vida, como sempre fixemos".
O PP perdería once puntos pero volvería gañar as eleccións, segundo unha enquisa de El Mundo. Os conservadores sacaríanlle nove puntos ao PSOE, que cae a un mínimo histórico. IU e UPyD continúan o seu ascenso. En Cataluña, un triplo sorpasso é posible segundo di Ara.
A empresa Xacovisión vólvese facer cos servizos de xestión publicitaria da CRTVG para Galicia por 389.000 euros. Segundo a propia empresa, a venda de anuncios para os medios públicos e o único negocio ao que se dedica.
O parlamento israelí podería votar por primeira vez a solución de dous estados, nunha moción presentada polos laboristas e que só contaría co apoio do partido pacifista Meretz, nunha cámara dominada polos partidos conservadores e ultras.