A empresa Xacovisión vólvese facer cos servizos de xestión publicitaria da CRTVG para Galicia por 389.000 euros. Segundo a propia empresa, a venda de anuncios para os medios públicos e o único negocio ao que se dedica.
A empresa Xacovisión vólvese facer cos servizos de xestión publicitaria da CRTVG para Galicia por 389.000 euros. Segundo a propia empresa, a venda de anuncios para os medios públicos e o único negocio ao que se dedica.
O parlamento israelí podería votar por primeira vez a solución de dous estados, nunha moción presentada polos laboristas e que só contaría co apoio do partido pacifista Meretz, nunha cámara dominada polos partidos conservadores e ultras.
Unha reportaxe de El Diario destaca a influencia crecente das redes sociais e os medios alternativos no Brasil, visible por exemplo na organización de protestas contra o Mundial de Fútbol
Audasa redondea á alza a suba prevista das peaxes, subindo até os 15,35 euros entre Vigo e A Coruña, tres céntimos máis do anunciado inicialmente, e aplicando polo tanto un incremento superior ao 1,85% anunciado
Praza Pública non se actualizará este mércores, 1 de xaneiro, por descanso da redacción. Feliz aninovo!
Economistas frente a la crisis analiza o descenso experimentado polos salarios no último ano, un devalo que xa suma catro trimestres consecutivos. José Ignacio Pérez Infante sinala que este recorte "nin mellorou a competitividade da economía española nin alterou significativamente a evolución do PIB nin do emprego"
Bárcenas, ingresado nun hospital madrileño tras sufrir un "percance" en prisión, segundo informa Europa Press na súa web
A revista Pikara Magazine recolle as "peores" mostras de machismo publicadas nos medios ao longo de 2013
O persoal da TVG destaca no blog Eu non manipulo que a canle pública vinculou a polémica pola contrarreforma do aborto co día dos Santos Inocentes.