Audasa redondea á alza a suba prevista das peaxes, subindo até os 15,35 euros entre Vigo e A Coruña, tres céntimos máis do anunciado inicialmente, e aplicando polo tanto un incremento superior ao 1,85% anunciado
Audasa redondea á alza a suba prevista das peaxes, subindo até os 15,35 euros entre Vigo e A Coruña, tres céntimos máis do anunciado inicialmente, e aplicando polo tanto un incremento superior ao 1,85% anunciado
Praza Pública non se actualizará este mércores, 1 de xaneiro, por descanso da redacción. Feliz aninovo!
Economistas frente a la crisis analiza o descenso experimentado polos salarios no último ano, un devalo que xa suma catro trimestres consecutivos. José Ignacio Pérez Infante sinala que este recorte "nin mellorou a competitividade da economía española nin alterou significativamente a evolución do PIB nin do emprego"
Bárcenas, ingresado nun hospital madrileño tras sufrir un "percance" en prisión, segundo informa Europa Press na súa web
A revista Pikara Magazine recolle as "peores" mostras de machismo publicadas nos medios ao longo de 2013
O persoal da TVG destaca no blog Eu non manipulo que a canle pública vinculou a polémica pola contrarreforma do aborto co día dos Santos Inocentes.
Traspásase a primeira tenda aberta con doazóns do programa Entre Todos de TVE, o espazo duramente criticado por profesionais do ámbito social por promocionar a "beneficencia" no canto dos "dereitos". Cóntao o blog Telediaria de La Información.
Pemex fixa o 28 de xaneiro como nova data para publicar a resolución dos floteis. A empresa xustificou o novo adiamento "por imposibilidade" de emitir "en tempo e forma" o fallo, previsto para onte.
O presidente de Extremadura, o popular José Antonio Monago, afirma que "ninguén pode obrigar a ninguén" a ser nai e considera que "a ideoloxía non ten que introducirse en materias tan sensibles coma a interrupción voluntaria do embarazo". Avoga por un consenso neste asunto.