Traspásase a primeira tenda aberta con doazóns do programa Entre Todos de TVE, o espazo duramente criticado por profesionais do ámbito social por promocionar a "beneficencia" no canto dos "dereitos". Cóntao o blog Telediaria de La Información.
Traspásase a primeira tenda aberta con doazóns do programa Entre Todos de TVE, o espazo duramente criticado por profesionais do ámbito social por promocionar a "beneficencia" no canto dos "dereitos". Cóntao o blog Telediaria de La Información.
Pemex fixa o 28 de xaneiro como nova data para publicar a resolución dos floteis. A empresa xustificou o novo adiamento "por imposibilidade" de emitir "en tempo e forma" o fallo, previsto para onte.
O presidente de Extremadura, o popular José Antonio Monago, afirma que "ninguén pode obrigar a ninguén" a ser nai e considera que "a ideoloxía non ten que introducirse en materias tan sensibles coma a interrupción voluntaria do embarazo". Avoga por un consenso neste asunto.
Sargadelos despide as 29 afectadas polo ERE pero non lles paga a indemnización. A empresa alega que pagará cando teña liquidez. UGT, CIG e CCOO denuncian a "irregularidade" do proceso e anuncian que presentarán un conflito colectivo por defecto de forma
O DOG publica hoxe os Orzamentos Xerais da Xunta para 2014, nos que segundo o Goberno galego aumenta o peso do gasto social aínda que as cifras do Ministerio de Facenda din xusto o contrario.
O PP impulsa no Congreso dos Deputados unha iniciativa contra "os actos vandálicos da extrema esquerda". En El Diario
A Xunta admite 2.500 contratos con empresas citadas por Bárcenas. En El País.
O grupo promotor da iniciativa A radio conta lembra que é posible descargar o programa de tres horas que elaboraron conxuntamente as principais emisoras radiofónicas da Coruña en apoio da organización solidaria Renacer.
A nova data para a licitación dos floteis de Pemex tras o quinto adiamento é o 28 de xaneiro ás 17:00, hora mexicana, segundo adianta a Radio Galega
Pemex volve aprazar a adxudicación dos floteis comprometidos cos estaleiros galegos, segundo adianta El País. Outro adiamento máis para unha decisión que mantén pendente, sobre todo, aos traballadores de Navantia.