Cayo Lara lamenta que se prefira poñer o foco sobre os escraches máis que no "sufrimento dos desafiuzados"
Fálase
Ana Pastor critica a ampliación do aeroporto de Santiago e os trens baleiros que unen Galicia con Castela nunha entrevista na Cadena Ser. A ministra de Fomento defende tamén a "honorabilidade" de Núñez Feijóo tras a publicación das fotos con Marcial Dorado.
Entremos na Panificadora e TANK organizan un roteiro guiado ao redor da Panificadora de Vigo este sábado.
Juventud Sin Futuro: "O exilio dos mozos e mozas é un problema político". O plataforma convoca unha manifestación para este domingo co lema "Non marchamos, bótannos"
Madrid perseguirá os obxectores do euro por receta. O Goberno autonómico reclamarallo a aqueles que se negaron a pagalo antes de que a medida fose paralizada polo Tribunal Constitucional.
Diario de Ferrol entrevista a José Tojeiro Díaz, o autor da famosa frase da “droja no Cola Cao”. Na actualidade vive nunha residencia en Narón.
Un estudo clasifica o Reino Unido en sete novas clases sociais. Para a investigación, a tradicional clasificación en clase obreira, media e alta, só representao 39% da poboación.
Varios medios internacionais cuestionan a continuidade do rei tras a imputación da infanta. Para Reuters, a imputación "é un paso sen precedentes que podería aumentar a presión sobre o monarca para que abdique"
En Portugal a dereita bota abaixo a moción de censura presentada polo PS contra o primeiro ministro Passos Coelho. Os 97 votos de PS, PCP, BE e PEV non foron suficientes ante os 131 de PSD e CDS
A taxa de aforro dos españois cae até o seu nivel máis baixo da serie histórica: un 8,2 % da renda dispoñible. No último ano os salarios caeron case un nove por cento.