Cúmprese un ano das primeiras manifestacións en Portugal da Geração à rasca. No Publico.pt analizan o fenómemo e o proceso que seguiu nos últimos meses.
Fálase
Warren Buffet, terceiro home máis rico do mundo, garda parte da súa fortuna "no colchón", sen ingresalo en entidade financeira ningunha ou investilo en ningún valor. Segue un consello que lle deu o seu avó.
ARA publica unha entrevista con Ammar al-Wawi, número dous do Exército Libre de Siria, que denuncia que "Al-Assad utiliza avións espia israelís para detectar as nosas posicións"
O Congreso fará públicas na súa páxina as votacións dos deputados e deputadas colgará os vídeos de cada unha das súas intervencións
O Autos Lobelle de Santiago perde na prórroga (5-3) a final da Copa do Rey de Fútbol Sala. Despois de empatar 2-2, o Barcelona foi superior no tempo engadido.
Alfonso Rueda, conselleiro da Presidencia e ata o día 14 tamén titular de Medio Rural e Mar por ausencia de Rosa Quintana, está de viaxe oficial en Uruguai. Hoxe participou nunha romaría con colectivos de emigrantes en Montevideo.
Na Terceira galega, vitoria do Cerceda e derrota do Ourense, que novamente empatan na primeira posición. O Alondras é terceiro e Pontevedra, Racing Vilalbés, Dépor B e Rápido de Bouzas pelexan igualmente polos postos de ascenso.
Dorneda 1 - Rápido de Bouzas 1
Cerceda 3 - Negreira 0
Ourense 0 - Alondras 1
Lalín 1 - As Pontes 0
Pontevedra 2 - Ordes 1
Somozas 1 - Bergantiños 0
Betanzos 1 - Racing de Ferrol 4
Deportivo B 0 - Racing Vilalbés 0
Cultural Areas 0 - Vilalonga 2
Xuventú Sanxenxo 1 - Estradense 0
Na Segunda B, unha vitoria, dous empates e unha derrota nos catro partidos dos equipos galegos. O Lugo complica as súas opcións de xogar polo ascenso de categoría, mentres que Montañeiros, que continúa remontando grazas a un gol no minuto 92 de partido, e Celta B seguen loitando por manter a categoría.
Conquense 0 - Lugo 0
Albacete 1 - Celta B 0
Montañeiros 2 - San Sebastián de los Reyes 1
Coruxo 0 - Toledo 0
Xoán Bascuas, novo secretario xeral de Máis Galiza
Noutras competicións, o Liceo continúa sumando triunfos na OK Liga de Hockey. Mentres que os equipos vigueses nas primeiras divisións de Rugby e Voleibol caeron derrotados
Roncato Pati Vic 2 - H.C. Coinasa Liceo 3
Getxo Artea R.T. 20 - U. de Vigo Rugby 17
UBE L,Illa Grau 3 - Club Vigo Voleibol 1