Juan Ramón Díaz, director de La Voz de Galicia entre 1977 e 1997 e actual vicepresidente do grupo La Capital, faleceu este domingo en Mondoñedo aos 73 anos de idade.
Fálase
O Rio Natura Monbus Obradoiro caeu en Santiago ante o Real Madrid (76-85). Os composteláns resistiron ata a metade do terceiro cuarto.
A Xunta limítase a impoñerlles controis de seguridade ás granxas de visóns que outros países prohíben. Medio Ambiente vén de autorizar unha instalación para 50.000 exemplares en Forcarei
Concellos, deputacións e Xunta disparan a licitación de obra pública antes das eleccións municipais. Os concellos licitaron obras entre xaneiro e marzo por importe de 41,5 millóns, un 73,5% máis que no primeiro trimestre de 2014
CiU (35-36) e ERC (26-27) obterían 62 escanos nas eleccións catalás, segundo a sondaxe que este domingo publica La Vanguardia. Ciutadans subiría ata os 26, mentres que PSC (12-13) e PP (9) verían moi recortada a súa representación. As CUP (10-11) tamén obterían un gran resultado, superando a ICV (8) e Podemos (6-8)
O Deportivo sumou un punto ante o Villarreal en Riazor (1-1) cun gol de Celso Borges. Este luns xogan Almería e Celta
Peinador volve operar con normalidade, grazas á mellora das condicións meteorolóxicas
O PP suspende de militancia a Alfonso Rus, presidente do partido en Valencia, polo escándalo de cobro de comisións na deputación provincial no que está directamente implicado.
Peinador, sen servizo de forma indefinida. O aeroporto vigués leva 48 horas sen recibir aeronaves, por mor da desactivación do sistema antinéboa ILS. 3.500 pasaxeiros e pasaxeiras foron xa desviados a Lavacolla.
La Voz entrevista o ourensán Sergio Salgado, cofundador da plataforma 15MpaRato, que iniciou as primeiras denuncias contra Bankia e contra Rodrigo Rato. Destaca que a caída do ex ministro "é clave para acabar coa impunidade" e sinala que "Rato é só o primeiro obxectivo".