O PP suspende de militancia a Alfonso Rus, presidente do partido en Valencia, polo escándalo de cobro de comisións na deputación provincial no que está directamente implicado.
Fálase
Peinador, sen servizo de forma indefinida. O aeroporto vigués leva 48 horas sen recibir aeronaves, por mor da desactivación do sistema antinéboa ILS. 3.500 pasaxeiros e pasaxeiras foron xa desviados a Lavacolla.
La Voz entrevista o ourensán Sergio Salgado, cofundador da plataforma 15MpaRato, que iniciou as primeiras denuncias contra Bankia e contra Rodrigo Rato. Destaca que a caída do ex ministro "é clave para acabar coa impunidade" e sinala que "Rato é só o primeiro obxectivo".
O Breogán derrota con moito sufrimento o Palencia (88-86), e pasa ás semifinais do play-off de ascenso á Liga ACB de baloncesto. Dani López anotou unha canastra a sete décimas do final da prórroga. Enfrontarase agora co Valladolid ao mellor de cinco partidos. O Ourense xogará co Lleida na outra semifinal.
El Diario entrevista o reitor da Universidade Complutense de Madrid, José Carrillo, que reclama un entendemento entre PSOE, Podemos e IU e sinala que "para a universidade pública é unha cuestión case de supervivencia que goberne a esquerda"
El Diario entrevista o reitor da Universidade Complutense de Madrid, José Carrillo, que reclama un entendemento entre PSOE, Podemos e IU e sinala que "para a universidade pública é unha cuestión case de supervivencia que goberne a esquerda"
O non á independencia en Catalunya supera ao si por catro puntos (48-44), segundo a enquisa que hoxe publica La Vanguardia. Só o 24% ve suficiente unha maioría de 68 escanos para iniciar o proceso, mentres que un 43% reclama un apoio de dous terzos.
O PP podería conservar os gobernos da cidade e a comunidade de Madrid, co apoio de Ciudadanos, segundo a enquisa que hoxe publica El País. Na capital gañaría con 22 concelleiros, por 15 de Ahora Madrid, e 10 de PSOE e C'S. Na asemblea rexional dominaría con 36 deputados, por 29 de PSOE e C's, 28 de Podemos e 7 de IU.
Yolanda Díaz pide "respecto" e "talante" a Feijóo tras as súas críticas a Beiras. A vicevoceira de AGE reclama "elegancia" ao presidente da Xunta, que acusou o líder de Anova de ir ao Parlamento "só a cobrar".
A CIG maniféstase tamén nas sete cidade e en catro vilas, baixo o lema Contra a pobreza, emprego e Salarios Dignos. Na imaxe, a cabeceira da súa marcha en Vigo.