Case 20 mil persoas morreron no Mediterráneo dende 1988 tentanto chegar a Europa. Os cálculos son de Fortress Europe, que dá a cifra exacta de 18.350, 2.353 o pasado ano
Fálase
Oliver Stone, Michael Moore, Noam Chomsky, Danny Glover ou Daniel Ellsberg asinan unha carta de apoio a Assange dende os EE.UU. que denuncia o perigo que corre se é extraditado ao país norteamericano
O Dépor derrota o Osasuna (2-0) no seu regreso a Primeira División grazas aos goles de Riki (52') e o portugués Nélson Oliveira (92'), unha das xoias do fútbol luso
A Comisión europea investigará os cambios introducidos polo Goberno nos requisitos esixidos para acceder á axuda de 400 euros para desempregados sen prestacións. Por exemplo, analiza que a interrupción da inscripción como demandante de emprego por saír ao extranxeiro "pode ser desproporcionada"
Eldiario.es entrevista os convocantes de Ocupar el Congreso do 25 de setembro: “Non somos a ultradereita nin queremos asaltar o Congreso”
Alejandro Valverde gaña no santuario de Arrate a primeira chegada en alto da Vuelta a España, superando nos últimos metros a Purito Rodríguez, Chris Froome e Alberto Contador, e sitúase como líder
O alcalde de Donostia, Juan Karlos Izagirre, anuncia que o concello non volverá sacar a concurso a organización da feira taurina na cidade. Achégase o final das touradas na cidade. En Bibao, un grupo de persoas convocadas por PACMA, piden a abolición inmediata das corridas na capital de Biscaia.
Diego Giráldez escribe sobre Avelino Pousa Antelo no seu blog: "É preciso abrir franquicias de Avelino en cada recuncho"
A Fiscalía da Audiencia Nacional non decidirá até setembro a liberdade condicional de Josu Uribetxebarría Bolinaga. A Fiscalía alega defectos de forma no informe médico do preso etarra.
O ministro de Economía, Luis de Guindos, mercou en xullo un ático de luxo en La Moraleja por medio millón de euros, segundo Elconfidencial.com, que salienta o aforro obtido polo político popular ao adiantarse á suba do IVE deste mes de setembro e que o inmoble chegou a estar taxado en 2,3 millóns hai cinco anos.