A Fiscalía da Audiencia Nacional non decidirá até setembro a liberdade condicional de Josu Uribetxebarría Bolinaga. A Fiscalía alega defectos de forma no informe médico do preso etarra.
Fálase
O ministro de Economía, Luis de Guindos, mercou en xullo un ático de luxo en La Moraleja por medio millón de euros, segundo Elconfidencial.com, que salienta o aforro obtido polo político popular ao adiantarse á suba do IVE deste mes de setembro e que o inmoble chegou a estar taxado en 2,3 millóns hai cinco anos.
ATA pide estender a axuda dos 400 euros aos autónomos en paro. A asociación de traballadores por conta propia lembra que un de cada cinco novos parados era autónomo e non recibe ningún tipo de prestación.
A prima de risco sitúase nos 460 puntos, case cen menos que hai unha semana, e o tipo pagado polas emisións de débeda española a dez anos cae até o 6,3%, un nivel semellante ao de comezos de xullo. A relaxación amosa unha confianza nunha intervención do BCE.
Falece aos 98 anos Avelino Pousa Antelo, un dos últimos representantes da xeración das Mocidades Galeguistas. Será homenaxeado mañá ao mediodía no Concello de Teo, onde se depositará o cadaleito. Será incinerado ás sete da tarde.
A vicepresidenta da Generalitat, Joana Ortega, anuncia que Catalunya "seguramente" pedirá o rescate o día 28. Esixiulle a Rajoy que poña en marcha "de inmediato" o novo fondo autonómico
Denuncian unha vez máis o abandono do Castelo da Rocha, en Santiago, á espera da chegada de axudas e de que se reanuden os traballos de recuperación, paralizados hai dous anos, segundo a Asociación Cultural A Rocha Forte
Unasur únese a ALBA e acorda unha declaración de apoio a Ecuador e en contra das ameazas do Reino Unido
O BNG insta á Xunta a pedir a transferencia das competencias de aeroportos para acadar un sistema aeroportuario galego que permita que "haxa más voos e máis destinos". Os nacionalistas reaccionan así ao anuncio de que Easyjet deixará de operar dende Alvedro.
Cangas acolleu este venres unha nova concentración da Plataforma pola Sanidade Pública, á que tamén acudiron grupos de afectados polas preferentes, do 15M e da CUT, que no remate da marcha, na Alameda vella, reivindicaron solucións para que a flota galega poida volver ao caladoiro de Mauritania.