A Comisión Europea cuestiona a legalidade do decreto da Junta de Andalucía para expropiar vivendas propiedade dos bancos para evitar desafiuzamentos. O Executivo da UE coida que pode colisionar coas condicións do rescate bancario. Cóntao RTVE.es
Fálase
Vén de comezar, nos xulgados da Coruña, a vista na que Carlos Callón defenderá que non se repita o xuízo no que xa foi absolto. Quen reclama a repetición é o xuíz Fraga Mandián, que defendeu o uso da "ilegalidade" toponímica La Coruña
Os votos de PSdeG e BNG evitan a reprobación do alcalde de Ourense, pedida polo PP co apoio de DO. Os socialistas aceptaron as condicións do BNG para regular o uso da asignación destinada aos grupos políticos
Ana Mato prepara un “plan de educación afectivo-sexual” para que os mozos e mozas aprendan a “dicir non” ás relacións sexuais. O Ministerio de Sanidad tamén prepara outro plan de apoio á maternidade, que será complementario á Lei do aborto de Gallardón
A Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) vai despregar unha batería de expedientes sancionadores contra Pescanova e o seu deposto presidente, Manuel Fernández Sousa
Numerosos xuristas denuncian que a infanta Cristina tivo un "descarado trato de favor", segundo destaca ElConfidencial.com
O comité de expertos que está deseñando a reforma das pensións públicas está definindo un novo factor de conxuntura, polo que se adecuarían as pensións ao ciclo económico. Tamén discuten un mecanismo de axuste automático destas prestacións de acordo coa esperanza de vida.
Juan López Uralde afirma que "Equo vai liderar unha lista estatal verde para as europeas; os que queiran estar estarán"
O exministro de Traballo do PSOE Valeriano Gómez responde en El Diario.es o artigo de Miguel Sebastián no que cuestionaba a proposta de Rubalcaba de subir os impostos: "estou entre os que sufriron un verdadeiro golpe de tos cando escoitamos que “baixar impostos é de esquerdas”.
O PP pagoulle sobresoldos a Aznar cando era presidente do Goberno. A Lei de Incompatibilidades de altos cargos vixente en 1996 prohibía as retribucións dobres pero o expresidente cobrou 2,7 millóns de pesetas (16.755 euros)