AGE organiza o vindeiro 24 de xullo en Compostela un Foro pola quebra democrática e o dereito a decidir. Participarán Xosé Manuel Beiras (Anova/AGE), Alberto Garzón (IU), Gerardo Pisarello (Guanyem Barcelona), Eudald Calvo (CUP) e Ander Rodríguez (Alternatiba/EH-Bildu)
Fálase
A Iniciativa Galega pola Memoria denuncia na homenaxe nacional ás vítimas, realizada este domingo na Illa de San Simón, que existen "crimes impunes" do Franquismo
Un bombardeo israelí mata 60 civís e causa 210 feridos nun barrio de Gaza
Caen os prezos do leite en orixe en Galicia e volven situarse por debaixo do custe de produción. O prezo medio pagado aos gandeiros en maio foi de 35,59 céntimos pr litro, 3,7 céntimos menos que en xaneiro
O Concello da Coruña mantén o 70% dos símbolos franquistas que aprobou retirar hai cinco anos e négase a confirmar se dará pasos adiante neste senso, destaca La Opinión. Hai uns días a CRMH denunciou o "empeño" do Goberno municipal en "manter a simboloxía franquista"
ETA difunde un novo comunicado, no que anuncia unha "remodelación" das súas estruturas para pasar á "confrontación democrática" e "facer avanzar o proceso de paz".
Ducias de persoas participaron ao longo deste sábado na Romaría de Ames Novo, na que se debateu a conformación de candidaturas cidadás para as vindeiras eleccións municipais.
Merkel acorda con Putin a apertura dunha investigación independente sobre o voo MH17. Negociaron igualmente a reunión do grupo de contacto internacional -integrado por Ucraína, Rusia e representantes da OSCE- para tratar un alto o fogo.
Francisco Caamaño convoca primarias no PSOE coruñés despois do verán. O secretario xeral do partido na provincia denuncia que "un grupo co apoio expreso da executiva galega fixo unha contralista" para a designación de delegados ao congreso federal
Case un ano despois do accidente do Alvia en Angrois, os sindicatos ferroviarios ven "lonxe de ser un feito" as medidas de reforzo da seguridade anunciadas no Congreso pola ministra de Fomento, Ana Pastor.