Ducias de persoas participaron ao longo deste sábado na Romaría de Ames Novo, na que se debateu a conformación de candidaturas cidadás para as vindeiras eleccións municipais.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/53cabf3a82a47-captura.png)
Ducias de persoas participaron ao longo deste sábado na Romaría de Ames Novo, na que se debateu a conformación de candidaturas cidadás para as vindeiras eleccións municipais.
Merkel acorda con Putin a apertura dunha investigación independente sobre o voo MH17. Negociaron igualmente a reunión do grupo de contacto internacional -integrado por Ucraína, Rusia e representantes da OSCE- para tratar un alto o fogo.
Francisco Caamaño convoca primarias no PSOE coruñés despois do verán. O secretario xeral do partido na provincia denuncia que "un grupo co apoio expreso da executiva galega fixo unha contralista" para a designación de delegados ao congreso federal
Case un ano despois do accidente do Alvia en Angrois, os sindicatos ferroviarios ven "lonxe de ser un feito" as medidas de reforzo da seguridade anunciadas no Congreso pola ministra de Fomento, Ana Pastor.
Abanca designará nove dos 28 membros do padroado da Fundación Novacaixagalicia. Os grupos da oposición denuncian a “sobreprima de representación” da entidade
Netanyahu prepara unha "ampliación significativa" da invasión terrestre de Gaza, que xa provocou máis de 300 mortos. Unha reportaxe de El Diario detalla o sufrimento da poboación civil
Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela alerta de que a pobreza é cada vez "máis nova e crónica". Na súa memoria anual, correspondente a 2013, a entidade sinala que o perfil da pobreza en Galicia é o dunha persoa entre 30 e 39 anos, en paro, e con fillos.
O Goberno reforza o poder da patronal sobre as baixas por enfermidade. A alta seguirá dándoa un médico pero a mutua instarao a facelo, se así o considera, dende o primeiro día. O Goberno cre que se aforrarán 500 millóns coa medida
Traballadores de Urbaser reciben con berros de "fóra de Lugo" as brigadas chegadas á cidade para recoller parte do lixo acumulado nas rúas despois de 38 días de folga. A portavoz local do BNG, Paz Abraira, foi identificada pola policía
A Asociación puntoGAL desvelará o vindeiro martes no Museo do Pobo Galego as solicitudes escollidas para participar no seu Programa de Pioneiros, a través do que os seleccionados poderán publicar as súas páxinas webs cun enderezo .gal, dende o próximo 25 de xullo.