A Asociación puntoGAL desvelará o vindeiro martes no Museo do Pobo Galego as solicitudes escollidas para participar no seu Programa de Pioneiros, a través do que os seleccionados poderán publicar as súas páxinas webs cun enderezo .gal, dende o próximo 25 de xullo.
Fálase
Ucraína e os seus aliados culpan a Rusia da catástrofe do avión no que onte morreron 298 persoas. Mentres, Rusia sinala a responsabilidade do exército ucraíno e afirma que o obxectivo do misil ucraíno podería ter sido o avión do presidente Putin
O Xulgado do Social número un de Vigo ordénalle ao Sergas pagarlle unha operación de cambio de sexo nun centro privado a Charlotte Goiar, viguesa de 41 anos, que carga contra a Xunta por adiar a operación, despois de que xa no 2012 o TSXG se pronunciase no mesmo senso.
O Tribunal de Xustiza da UE falla contra a Lei Antidesafiuzamentos do PP. Considera que os clientes están en inferioridade de condicións con respecto ao banco ao non poder recorrer para lograr a suspensión da execución hipotecaria
Un avión de Malaysian Airlines con 295 persoas a bordo esnáfrase no leste de Ucraína sen que polo momento sen coñezan as causas. Recólleo Público.es
O PP madrileño agradece os "centos" de correos recibidos "con ligazóns a documentos e vídeos" de Pablo Iglesias e comeza a difundir discursos do líder de Podemos.
Alberto Ramos gaña o premio García Barros coa súa cuarta novela, Máscaras rotas para Sebastian Nell. Máis información, hoxe en Praza.
El Diario adianta o contido do borrador de ponencia política de Podemos, no que a formación sinala a urxencia de construír unha alternativa antes de que o PSOE se recompoña, pechando o espazo para o crecemento dunha "forza de ruptura democrática".
O PP de Madrid pide axuda nas redes sociais para "recompilar" declaracións de Pablo Iglesias, de Podemos, que denunciou a Esperanza Aguirre por vinculalo a ETA
Cesa o secretario xeral da Consellería do Medio Rural e do Mar, Alfonso García Magariños. Segundo Feijóo, faino por razóns persoais.