O PP de Madrid pide axuda nas redes sociais para "recompilar" declaracións de Pablo Iglesias, de Podemos, que denunciou a Esperanza Aguirre por vinculalo a ETA
Fálase
Cesa o secretario xeral da Consellería do Medio Rural e do Mar, Alfonso García Magariños. Segundo Feijóo, faino por razóns persoais.
O primeiro himno do Barça foi escrito por un galego, José Antonio Lodeiro Piñeiros, segundo vén de descubrir unha investigación da peña culé de Mondoñedo e do cronista desta vila. O himno, cuxa partitura non se conserva, estivo vixente entre 1910 e 1923.
Os restos do guerrilleiro antifranquista Perfecto de Dios Fernández, irmán de Camilo de Dios, exhumados dunha fosa común en Ávila, regresarán a Ourense 64 anos despois do seu asasinato pola Garda Civil
O CSIC escolle Marín como base para un estudo europeo sobre descartes de pesca. Búscase demostrar que "existen alternativas viables para a xestión de especies mariñas actualmente non utilizadas"
O Goberno central estuda atrasar a contrarreforma do aborto ata o día 25 para non aprobala no Consello de Ministros que presidirá o rei. Cóntao El Diario
A xuíza Pilar de Lara chama a declarar a 47 persoas como testemuñas por presuntos enchufes no Concello da Coruña.
O Sergas adxudícalle a Ferrovial a xestión da limpeza, mantemento e seguridade do Hospital de Ourense por 150 millóns de euros. Sanidade puido pechar esta adxudicación despois de que o TSXG levantase a suspensión cautelar deste concurso
Os bombardeos israelís matan catro nenos dunha mesma familia que xogaban ao fútbol nunha praia de Gaza. Recólleo Naiz
Unha manifestación e varias concentracións reclamaron a readmisión dos dous traballadores despedidos en Citroën e amosaron o seu apoio á folga de fame que dende hai 15 días manteñen os membros da sección sindical.