O Sergas adxudícalle a Ferrovial a xestión da limpeza, mantemento e seguridade do Hospital de Ourense por 150 millóns de euros. Sanidade puido pechar esta adxudicación despois de que o TSXG levantase a suspensión cautelar deste concurso
Fálase
Os bombardeos israelís matan catro nenos dunha mesma familia que xogaban ao fútbol nunha praia de Gaza. Recólleo Naiz
Unha manifestación e varias concentracións reclamaron a readmisión dos dous traballadores despedidos en Citroën e amosaron o seu apoio á folga de fame que dende hai 15 días manteñen os membros da sección sindical.
AGE denuncia que a Xunta lle permite a Gas Natural "incumprir as condicións do concurso eólico", despois de que a empresa desistise de executar o 41% dos megavatios concedidos.
50 profesionais e intelectuais lanzan o manifesto Unha España federal nunha Europa federal, que avoga por unha reforma federal da Constitución
Novos bombardeos nocturnos israelís elevan a 204 a cifra de mortos en Gaza. El Diario reflicte nunha infografía quen son eses mortos
Podemos sería terceira forza no Congreso dos Deputados con entre 34 e 37 escanos. O PP perdería uns 40 escanos e o PSOE, uns 20, segundo unha enquisa que vén de publicar El Diario.
A veciñanza de Angrois non acudirá á entrega da Medalla de Ouro de Galicia por non concordar que se celebre na xornada de "loito" do 24 de xullo. Un dos colectivos de vítimas tamén a rexeita e insta a Feijóo a non "ofender".
Fenosa non instalará o 40% dos megavatios que obtivo no reparto eólico da Xunta en 2010. Recólleo El País.
Os ataques do exército israelí destruíron a Arca de Gaza, un proxecto internacional desenvolvido nos últimos meses co obxectivo de rachar o bloqueo e para instruír os mariñeiros palestinos.