50 profesionais e intelectuais lanzan o manifesto Unha España federal nunha Europa federal, que avoga por unha reforma federal da Constitución
Fálase
Novos bombardeos nocturnos israelís elevan a 204 a cifra de mortos en Gaza. El Diario reflicte nunha infografía quen son eses mortos
Podemos sería terceira forza no Congreso dos Deputados con entre 34 e 37 escanos. O PP perdería uns 40 escanos e o PSOE, uns 20, segundo unha enquisa que vén de publicar El Diario.
A veciñanza de Angrois non acudirá á entrega da Medalla de Ouro de Galicia por non concordar que se celebre na xornada de "loito" do 24 de xullo. Un dos colectivos de vítimas tamén a rexeita e insta a Feijóo a non "ofender".
Fenosa non instalará o 40% dos megavatios que obtivo no reparto eólico da Xunta en 2010. Recólleo El País.
Os ataques do exército israelí destruíron a Arca de Gaza, un proxecto internacional desenvolvido nos últimos meses co obxectivo de rachar o bloqueo e para instruír os mariñeiros palestinos.
O Concello de Vigo dá marcha atrás e volve prohibir a presenza de cans na praia de Toralla, que fora autorizada verbalmente días atrás. O pasado domingo 400 persoas concentráronse en Bouzas para pedir máis espazos públicos para acudir coas súas mascotas. En Vigo hai máis de 20 mil cans rexistrados.
A galega Rebeca Quintáns revela que ela foi a autora de Un rey golpe a golpe, a biografía non autorizada de Juan Carlos de Borbón. A autora explica nunha entrevista en Público.es o xeito en que se xestou o libro e as presións que recibiu.
Deteñen en Marín tres mariñeiros do buque da Armada Juan Sebastián Elcano por tráfico de drogas. Recólleo El País
O CIS vén de publicar o seu estudo postelectoral correspondente ás eleccións europeas do pasado 25 de maio. As respostas destacan a boa campaña realizada por Podemos.