Deteñen en Marín tres mariñeiros do buque da Armada Juan Sebastián Elcano por tráfico de drogas. Recólleo El País
Deteñen en Marín tres mariñeiros do buque da Armada Juan Sebastián Elcano por tráfico de drogas. Recólleo El País
O CIS vén de publicar o seu estudo postelectoral correspondente ás eleccións europeas do pasado 25 de maio. As respostas destacan a boa campaña realizada por Podemos.
O luxemburgués Jean Claude Juncker, do PPE, elixido presidente da Comisión Europea con 422 votos a favor, 250 en contra e 47 en branco
Os 'lobbies' dominaron o 92% das reunións preparatorias da alianza comercial UE-EEUU, destaca Público
O Goberno de Israel acepta o cesamento dos ataques proposto por Exipto. O brazo armado de Hamas rexéitao ao consideralo "unha mostra de submisión", despois de que o exército israelí provocara xa 189 mortos en Gaza.
Suso de Toro anuncia o peche do seu blog en El País pola decisión do xornal de eliminar estes espazos da súa web. De Toro explica que continuará coas súas colaboracións en Eldiario.es e Praza.com.
O DOG publica hoxe a concesión da Medalla de Ouro de Galicia ás vítimas de Angrois e ás persoas que as atenderon tras o accidente.
A Xunta volve reclamar, dous anos despois, medidas para evitar os atascos na AP-9. Este domingo Audasa ignorou as reclamacións formuladas polo Goberno galego e non ergueu as barreiras de peaxe malia provocar atascos de máis de 3 quilómetros.
Os eurodeputados do PSOE non votarán polo conservador Jean Claude Juncker como novo presidente da Comisión Europea, segundo o criterio do novo secretario xeral do partido, Pedro Sánchez. Cóntao El Diario.
O PP acusa o BNG de "manipular as vítimas" de Angrois e "politizar" o accidente por reclamar unha comisión de investigación. Recólleo Faro de Vigo