Suso de Toro anuncia o peche do seu blog en El País pola decisión do xornal de eliminar estes espazos da súa web. De Toro explica que continuará coas súas colaboracións en Eldiario.es e Praza.com.
Fálase
O DOG publica hoxe a concesión da Medalla de Ouro de Galicia ás vítimas de Angrois e ás persoas que as atenderon tras o accidente.
A Xunta volve reclamar, dous anos despois, medidas para evitar os atascos na AP-9. Este domingo Audasa ignorou as reclamacións formuladas polo Goberno galego e non ergueu as barreiras de peaxe malia provocar atascos de máis de 3 quilómetros.
Os eurodeputados do PSOE non votarán polo conservador Jean Claude Juncker como novo presidente da Comisión Europea, segundo o criterio do novo secretario xeral do partido, Pedro Sánchez. Cóntao El Diario.
O PP acusa o BNG de "manipular as vítimas" de Angrois e "politizar" o accidente por reclamar unha comisión de investigación. Recólleo Faro de Vigo
Feijóo adía a setembro a elección de portavoz no PPdeG. O posto está vacante dende que o deixou Paula Prado, a comezos de xuño.
A xuíza axiliza a investigación da suposta corrupción no Concello do Porriño ao ver "indicios suficientes" de cinco delitos. Cóntao El País
Nestes momentos están a realizarse en varias cidades galegas concentracións en solidariedade co pobo palestino. Na imaxe, a de Ourense. O PP rexeitou este luns no Parlamento condenar os bombardeos sobre civís en Gaza.
O Foro Galego de Inmigración concentrarase este martes 15 na Coruña, ante os Xulgados, en apoio dunha persoa inmigrante acusada dunha falta administrativa por venda ambulante e para denunciar a "agresión" da que foi obxecto, segundo o Foro, por parte dun axente de policía.
O Concello de Lugo recúa e e non intervirá o servizo de recollida do lixo. Orozco asegura que ten un "plan" para mellorar o estado da cidade sen recorrer a esta medida, segundo avanza Europa Press