O Concello de Lugo recúa e e non intervirá o servizo de recollida do lixo. Orozco asegura que ten un "plan" para mellorar o estado da cidade sen recorrer a esta medida, segundo avanza Europa Press
Fálase
A AP-9 tivo este domingo atascos de ata 3 quilómetros na súa peaxe de Teo, preto de Santiago, por mor do incremento do tráfico e da obriga de deterse para pagar. As condutoras e condutores non puideron superar os 50 quilómetros por hora en varios treitos da autoestrada que xestiona Audasa.
O Papa cifra nun 2% a pedofilia na Igrexa entre "bispos, sacerdotes e mesmo cardeais". O xefe da Igrexa católica mantén que actuará contra eles con "severidade". Recólleo El País
Íñigo Sáenz de Ugarte explica como Israel 'avisa' con ameazas de morte e un primeiro foguete minutos antes de bombardear casas nas que vive poboación civil.
O BNG aposta por unha reforma legal que impida a designación de edís non electos. Recólleo Faro de Vigo
Pedro Sánchez será o novo secretario xeral do PSOE ao obter o 49% dos votos con máis do 85% escrutado. En Galicia Sánchez foi tamén o máis votado, co 48,33% fronte ao 39,31% de Eduardo Madina e o 12,36% de José Antonio Pérez Tapias. A participación no PSdeG chegou ao 69,57%.
A participación da militancia do PSdeG nas primarias do PSOE acadou o 28,67% ás dúas da tarde. Son algo máis de tres puntos por baixo da media, segundo os datos que ofrece o partido.
Profesionais da medicina e da química consumaron este sábado o seu 'suicidio homeopático' en Compostela para evidenciar que estes produtos só conteñen "sacarosa e lactosa" por iniciativa do colectivo #nosinevidencia. Recólleo El Correo Gallego
Centos de persoas celebran unha romaría no castelo de Monterrei para reivindicar o seu uso público. Cóntao La Región
Urbaser recolle lixo en Lugo con operarios doutros puntos do Estado e a Inspección de Traballo identifícaos. En El Progreso