Urbaser recolle lixo en Lugo con operarios doutros puntos do Estado e a Inspección de Traballo identifícaos. En El Progreso
Fálase
Juan Carlos de Borbón pediu que a presidenta andaluza, Susana Díaz, liderase o PSOE pola súa defensa da unidade de España e da Monarquía, segundo El Mundo
Os ataques israelís xa mataron cando menos 118 persoas en Gaza mentres inician operacións terrestres. Recólleo El Diario
O PP reelixe a Rey Varela como presidente do PP de Ferrol co 98% dos votos e sitúa a Jacobo Moreira como líder en Pontevedra co 97% dos sufraxios. Recólleo Faro de Vigo
O PSOE celebra hoxe as súas primarias para elixir secretario xeral entre Eduardo Madina, Pedro Sánchez e José Antonio Pérez Tapias. En Galicia teñen dereito ao voto máis de 11.000 militantes en 259 mesas.
O PP di agora que consumará o recorte ao Parlamento en setembro tras dous anos considerándoo urxente. Asegurouno Pedro Puy nunha entrevista en Correo TV
Só a metade das ambulancias de Gaza poden funcionar por mor da "escaseza de subministros", segundo informa Médicos sen Fronteiras
O xornal portugués Público analiza a crise do Banco Espírito Santo centrándose no exposto que está a ela o banco público Caixa Geral de Depósitos.
Esta fin de semana estase a celebrar a primeira edición do Ribadeo Indiano, a festa na que a vila da Mariña retrocede ata comezos do século XX con música, recreación histórica e gastronomía.
Rajoy propón que obter o 40% dos votos outorgue a maioría absoluta nos concellos. Cóntao El País