O PSOE celebra hoxe as súas primarias para elixir secretario xeral entre Eduardo Madina, Pedro Sánchez e José Antonio Pérez Tapias. En Galicia teñen dereito ao voto máis de 11.000 militantes en 259 mesas.
Fálase
O PP di agora que consumará o recorte ao Parlamento en setembro tras dous anos considerándoo urxente. Asegurouno Pedro Puy nunha entrevista en Correo TV
Só a metade das ambulancias de Gaza poden funcionar por mor da "escaseza de subministros", segundo informa Médicos sen Fronteiras
O xornal portugués Público analiza a crise do Banco Espírito Santo centrándose no exposto que está a ela o banco público Caixa Geral de Depósitos.
Esta fin de semana estase a celebrar a primeira edición do Ribadeo Indiano, a festa na que a vila da Mariña retrocede ata comezos do século XX con música, recreación histórica e gastronomía.
Rajoy propón que obter o 40% dos votos outorgue a maioría absoluta nos concellos. Cóntao El País
A Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei acolle ao longo de todo o día o primeiro Convivio da cultura galega, con homenaxe ao poeta e múltiples actividades culturais e de lecer.
Os ataques israelí xa mataron 105 persoas na Franxa de Gaza, dos cales "o 30% son nenos", segundo a axencia da ONU que atende as persoas refuxiadas en Palestina.
Vilaweb recompila unha lista de medios para seguir os ataques de Israel sobre Palestina e as consecuencias do conflito.
A metade sur de Galicia está xa este sábado en risco alto de incendios forestais, con áreas de risco moi alto no sur de Pontevedra e no interior de Ourense.