Só a metade das ambulancias de Gaza poden funcionar por mor da "escaseza de subministros", segundo informa Médicos sen Fronteiras
Fálase
O xornal portugués Público analiza a crise do Banco Espírito Santo centrándose no exposto que está a ela o banco público Caixa Geral de Depósitos.
Esta fin de semana estase a celebrar a primeira edición do Ribadeo Indiano, a festa na que a vila da Mariña retrocede ata comezos do século XX con música, recreación histórica e gastronomía.
Rajoy propón que obter o 40% dos votos outorgue a maioría absoluta nos concellos. Cóntao El País
A Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei acolle ao longo de todo o día o primeiro Convivio da cultura galega, con homenaxe ao poeta e múltiples actividades culturais e de lecer.
Os ataques israelí xa mataron 105 persoas na Franxa de Gaza, dos cales "o 30% son nenos", segundo a axencia da ONU que atende as persoas refuxiadas en Palestina.
Vilaweb recompila unha lista de medios para seguir os ataques de Israel sobre Palestina e as consecuencias do conflito.
A metade sur de Galicia está xa este sábado en risco alto de incendios forestais, con áreas de risco moi alto no sur de Pontevedra e no interior de Ourense.
O grupo de vítimas de Angrois que aínda non se pronunciara sobre a Medalla de Ouro de Galicia agradece o galardón por ser un símbolo de "recoñecemento e recordo". O resto rexéitana con "indignación" e "estupor" e acusan a Xunta de procurar un "teatro". Recólleo Faro de Vigo.
Este serán celébranse na Coruña, Santiago e Lugo concentracións en solidariedade co pobo de Palestina. Na imaxe, a mobilización compostelá. (Foto: @GorettiSRei)