Este serán celébranse na Coruña, Santiago e Lugo concentracións en solidariedade co pobo de Palestina. Na imaxe, a mobilización compostelá. (Foto: @GorettiSRei)

Este serán celébranse na Coruña, Santiago e Lugo concentracións en solidariedade co pobo de Palestina. Na imaxe, a mobilización compostelá. (Foto: @GorettiSRei)
O Consello de Ministros aproba a lei de seguridade cidadá, que permite as retencións de ata seis horas nas comisarías e abre a porta a sancionar manifestacións avaladas polos tribunais. Está a contalo El Diario.
Convocan un "suicidio colectivo" con produtos homeopáticos en Compostela para este sábado. Profesionais da ciencia pertencentes ao colectivo #Nosinevidencia protestan así polo aval que o Ministerio de Sanidade lle está a dar a homeopatía malia ser "completamente ineficaz" para tratar problemas de saúde, sinalan. Recólleo GCiencia
O Concello de Lugo intervén temporalmente o servizo de recollida de lixo, que xa fai un mes de folga. Máis información, hoxe en Praza.
O BNG presenta o cartaz dos seus actos do Día da Patria, que celebrará baixo o lema En pé por Galiza
A Comisión Executiva da RAG sinala que ningún dos seus membros "avalou, nin por escrito nin no debate" no Plenario, a proposta de Filgueira Valverde para as Letras Galegas de 2015, o que non implica que non a "asuma como propia" tras a votación.
O alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán (PP), indígnase nunha visita a un campamento infantil ao entender que as nenas e nenos berraban "Podemos", palabra que "non se pode berrar así" porque "é unha provocación". O que dicían era "Pokémon". Recólleo Faro de Vigo.
As vítimas dos bombardeos israelís en Gaza roldan xa as 90, 22 das cales son nenos e nenas, segundo informa El Diario dende o terreo. Os foguetes lanzados dende territorio palestino non provocaron ata o momento vítima ningunha.
Hernández di que o seu antecesor na alcaldía de Santiago, Ángel Currás, seguirá como edil no Concello "mentres el o considere". Díxoo nunha entrevista en V Televisión.
Remata sen acordo a xuntanza entre Urbaser e o persoal de recollida de lixo de Lugo, que onte tiña esperanza de poder rematar a folga. Recólleo El País.