O BNG presenta o cartaz dos seus actos do Día da Patria, que celebrará baixo o lema En pé por Galiza

O BNG presenta o cartaz dos seus actos do Día da Patria, que celebrará baixo o lema En pé por Galiza
A Comisión Executiva da RAG sinala que ningún dos seus membros "avalou, nin por escrito nin no debate" no Plenario, a proposta de Filgueira Valverde para as Letras Galegas de 2015, o que non implica que non a "asuma como propia" tras a votación.
O alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán (PP), indígnase nunha visita a un campamento infantil ao entender que as nenas e nenos berraban "Podemos", palabra que "non se pode berrar así" porque "é unha provocación". O que dicían era "Pokémon". Recólleo Faro de Vigo.
As vítimas dos bombardeos israelís en Gaza roldan xa as 90, 22 das cales son nenos e nenas, segundo informa El Diario dende o terreo. Os foguetes lanzados dende territorio palestino non provocaron ata o momento vítima ningunha.
Hernández di que o seu antecesor na alcaldía de Santiago, Ángel Currás, seguirá como edil no Concello "mentres el o considere". Díxoo nunha entrevista en V Televisión.
Remata sen acordo a xuntanza entre Urbaser e o persoal de recollida de lixo de Lugo, que onte tiña esperanza de poder rematar a folga. Recólleo El País.
A Xunta concédelles a Medalla de Ouro de Galicia ás vítimas do accidente do Alvia, á veciñanza de Angrois, aos profesionais sanitarios, de emerxencias e de seguridade que atenderon as vítimas. Feijóo di que o acto de entrega, que se traslada ao 24 de xullo, se convertirá nunha homenaxe ás persoas falecidas e feridas e a quen traballaron no accidente.
A Xunta propón un plan de conservación da praia de Augas Santas (As Catedrais) de Ribadeo para atallar o seu "problema de superación da capacidade de acollida" e regular a afluencia de visitantes. O Concello ribadense vén reclamando a súa declaración como parque natural para blindalo da sobre explotación turística.
O alcalde do Porriño, investigado por varias acusacións de corrupción, valora recuperar o seu partido independente para presentarse ás municipais se o PP decide que non sexa o seu candidato. Recólleo Faro de Vigo.
Víctor Fernández, antigo adestrador do Celta, dirixirá o Deportivo da Coruña, segundo adianta a Radio Galega.