Hernández di que o seu antecesor na alcaldía de Santiago, Ángel Currás, seguirá como edil no Concello "mentres el o considere". Díxoo nunha entrevista en V Televisión.
Fálase
Remata sen acordo a xuntanza entre Urbaser e o persoal de recollida de lixo de Lugo, que onte tiña esperanza de poder rematar a folga. Recólleo El País.
A Xunta concédelles a Medalla de Ouro de Galicia ás vítimas do accidente do Alvia, á veciñanza de Angrois, aos profesionais sanitarios, de emerxencias e de seguridade que atenderon as vítimas. Feijóo di que o acto de entrega, que se traslada ao 24 de xullo, se convertirá nunha homenaxe ás persoas falecidas e feridas e a quen traballaron no accidente.
A Xunta propón un plan de conservación da praia de Augas Santas (As Catedrais) de Ribadeo para atallar o seu "problema de superación da capacidade de acollida" e regular a afluencia de visitantes. O Concello ribadense vén reclamando a súa declaración como parque natural para blindalo da sobre explotación turística.
O alcalde do Porriño, investigado por varias acusacións de corrupción, valora recuperar o seu partido independente para presentarse ás municipais se o PP decide que non sexa o seu candidato. Recólleo Faro de Vigo.
Víctor Fernández, antigo adestrador do Celta, dirixirá o Deportivo da Coruña, segundo adianta a Radio Galega.
O edificio do Instituto Galego da Información será posto en venda nunha poxa o vindeiro 17 de xullo. O lugar, dende o que Isaac Díaz Pardo intentou resistir as manobras para apartalo da dirección de Sargadelos, podería converterse nun hotel
O Goberno español asina con Rusia un convenio de adopcións que veta as persoas homosexuais. Este acordo contradí a lei galega que, recentemente aprobada, impide discriminar as parellas do mesmo sexo á hora de adoptar.
Xa son 76 as mortes provocadas polos bombardeos israelís en Gaza. Os mísiles mataron catro menores durante a noite, segundo as últimas informacións. Recólleo El Diario
Este serán celébrase a estrea simultánea de Yo decido. El tren de la libertad, producido polo Colectivo de Mulleres Cineastas sobre as mobilizacións para rexeitar a contrarreforma do aborto. En Galicia hai proxeccións nas sete cidades e en Cangas do Morrazo. Lugares e horarios.