Xa son 76 as mortes provocadas polos bombardeos israelís en Gaza. Os mísiles mataron catro menores durante a noite, segundo as últimas informacións. Recólleo El Diario
Fálase
Este serán celébrase a estrea simultánea de Yo decido. El tren de la libertad, producido polo Colectivo de Mulleres Cineastas sobre as mobilizacións para rexeitar a contrarreforma do aborto. En Galicia hai proxeccións nas sete cidades e en Cangas do Morrazo. Lugares e horarios.
As Cortes Xerais gastaron máis de 100.000 euros na proclamación do rei Filipe VI. Recólleo Publico.es
A futura Lei de Emprego Público mantén o polémico plus de altos cargos, segundo adianta Faro de Vigo
Os principais ex directivos das caixas galegas, agás Méndez, serán xulgados en 2015 por apropiación indebida, administración desleal e estafa. Recólleo La Voz
A folga de recollida do lixo de Lugo fai hoxe un mes. As nóminas que cobrou o persoal correspondentes ao mes de xuño non superan os 90 euros.
O embaixador palestino en España fai un chamamento para que a comunidade internacional actúe "no terreo e non en comunicados" contra os ataques de Israel, que provocaron cando menos 42 mortos
A CIG-Ensino esixe que a Xunta lles reclame aos centros que segregan os 12 millóns que recibiron polos seus concertos e insta o conselleiro de Educación a abandonar o seu cargo. O sindicato foi o promotor do recurso que anulou a orde de 2009.
AGE reclama a dimisión do conselleiro de Educación por acumular 16 sentenzas contra accións da súa consellería e considérao un "delincuente reincidente". O PP retruca vendo a Alternativa inmersa nun "concurso de insultos" e acusa a coalición de non "respectar os representantes da maioría democrática" nin "a liberdade de elección dos pais" por rexeitar a subvencións a centros segregacionistas.
O pleno do Parlamento volverá abordar a vindeira semana o accidente de Angrois a través dunha iniciativa do BNG, que reitera a necesidade dunha comisión de investigación que este mércores apoiou tamén AGE. Mentres, o PP coida que "pouco se pode achegar a esa investigación por razóns basicamente de competencias".