Os principais ex directivos das caixas galegas, agás Méndez, serán xulgados en 2015 por apropiación indebida, administración desleal e estafa. Recólleo La Voz
Fálase
A folga de recollida do lixo de Lugo fai hoxe un mes. As nóminas que cobrou o persoal correspondentes ao mes de xuño non superan os 90 euros.
O embaixador palestino en España fai un chamamento para que a comunidade internacional actúe "no terreo e non en comunicados" contra os ataques de Israel, que provocaron cando menos 42 mortos
A CIG-Ensino esixe que a Xunta lles reclame aos centros que segregan os 12 millóns que recibiron polos seus concertos e insta o conselleiro de Educación a abandonar o seu cargo. O sindicato foi o promotor do recurso que anulou a orde de 2009.
AGE reclama a dimisión do conselleiro de Educación por acumular 16 sentenzas contra accións da súa consellería e considérao un "delincuente reincidente". O PP retruca vendo a Alternativa inmersa nun "concurso de insultos" e acusa a coalición de non "respectar os representantes da maioría democrática" nin "a liberdade de elección dos pais" por rexeitar a subvencións a centros segregacionistas.
O pleno do Parlamento volverá abordar a vindeira semana o accidente de Angrois a través dunha iniciativa do BNG, que reitera a necesidade dunha comisión de investigación que este mércores apoiou tamén AGE. Mentres, o PP coida que "pouco se pode achegar a esa investigación por razóns basicamente de competencias".
Carne Cruda explica na súa web os motivos polos que deixa de emitirse na SER e os plans do equipo para continuar en internet.
Os alcaldes do PP da comarca da Limia desmárcanse da manifestación na defensa do partido xudicial convocada para este xoves ás 20:00 por estar "politizada". A plataforma, formada pola veciñanza e múltiples colectivos da zona, lamenta as "estrañas xustificacións" dos rexedores para non sumarse ás xuntanzas, ás que foron convocados, e para "non secundar unha manifestación que o único que procura é facer forza para que A Limia non sexa relegada a un segundo plano".
O Concello da Coruña admite que non haberá touradas nas festas de María Pita tras quedar deserto o concurso para organizalas pero teima en convocar un novo e en destinar 40.000 euros para acondicionar o recinto. Cóntao Radio Coruña.
A Coordinadora Valenciana de ONGD conseguiu recadar a través do crowdfunding o 90% dos 9.000 euros que necesita para facer fronte aos custes xudiciais da acusación popular no Caso Blasco, que investiga o desvío de entre 6 e 9 millóns de euros en subvencións de cooperación ao desenvolvemento