Os alcaldes do PP da comarca da Limia desmárcanse da manifestación na defensa do partido xudicial convocada para este xoves ás 20:00 por estar "politizada". A plataforma, formada pola veciñanza e múltiples colectivos da zona, lamenta as "estrañas xustificacións" dos rexedores para non sumarse ás xuntanzas, ás que foron convocados, e para "non secundar unha manifestación que o único que procura é facer forza para que A Limia non sexa relegada a un segundo plano".
