Anova cre "inaceptable" que o Día das Letras se lle dedique a Filgueira Valverde pola súa "militancia" e "relación estreita co réxime xurdido dun golpe de Estado fascista". A formación cre que na decisión "pesa de máis o interese da brigada de demolición e limpeza étnica e cultural" e que no ano electoral de 2015 a Feijóo "conviralle a celebración dunha figura que lle permita escribir o relato dun galeguismo submiso, reaccionario e connivente co fascismo". Comunicado íntegro na súa web.
