O comité de Navantia Ferrol denuncia que "avanza o deterioro deliberado da situación", pois o flotel aínda non xerou emprego ningún na ría e o Buque de Acción Marítima anunciado na véspera das últimas eleccións necesita aínda un acordo interministerial
Fálase
Israel segue a bombardear Gaza, onde xa matou 23 persoas e feriu unhas 123, segundo os últimos datos. Íñigo Sáenz de Ugarte explica no seu blog o xeito en que o Exercito israelí bombardea vivendas en Palestina.
O programa Carne Cruda deixa de emitirse na SER. O espazo conducido por Javier Gallego, que fora suprimido por RNE, explica os motivos no seu derradeiro programa en streaming, esta tarde.
O alcalde de Vilamarín insístelle á ministra de Fomento para que meta "algunha partida" nos Orzamentos para a autovía Lugo-Ourense porque nese traxecto pode "haber un accidente grave". Mentres, o Ministerio teima en realizar unha autovía na zona, pero pola Ribeira Sacra.
A Fiscalía pide elevar ao Supremo a investigación sobre o voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro, por presunto suborno no marco do caso Pokémon. Recólleo El País.
A plataforma de crítica literaria A Sega anuncia a convocatoria do I Día das Galegas nas Letras, o vindeiro 15 de agosto, que busca celebrar a figura dunha muller que contribuíse de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular. A homenaxeada neste 2014 será Dorothé Schubart, compiladora do Cancioneiro Popular Galego
Denuncian o "colapso" das urxencias do Hospital de Ourense e o persoal vincúlao ao peche de camas decidido pola Xunta, o maior da historia do Sergas. Recólleo La Región
A Mesa fai un chamamento a participar nunha reunión aberta, en réxime de autoconvocatoria, este xoves ás 18.30 na libraría Couceiro de Compostela, para debater propostas organizativas alternativas ás da RAG para o Día das Letras de 2015
Compostela acollerá o vindeiro 4 e 5 de outubro o Encontro Ibérico de tradutores de software libre a linguas minorizadas, organizado polo Proxecto Trasno e no que colaboran tamén equipos cataláns, vascos, aragoneses e asturianos.
Hospitalizan os dous operarios de Citroën que protestan cunha folga de fame contra os despedimentos de dous compañeiros