Denuncian o "colapso" das urxencias do Hospital de Ourense e o persoal vincúlao ao peche de camas decidido pola Xunta, o maior da historia do Sergas. Recólleo La Región

Denuncian o "colapso" das urxencias do Hospital de Ourense e o persoal vincúlao ao peche de camas decidido pola Xunta, o maior da historia do Sergas. Recólleo La Región
A Mesa fai un chamamento a participar nunha reunión aberta, en réxime de autoconvocatoria, este xoves ás 18.30 na libraría Couceiro de Compostela, para debater propostas organizativas alternativas ás da RAG para o Día das Letras de 2015
Compostela acollerá o vindeiro 4 e 5 de outubro o Encontro Ibérico de tradutores de software libre a linguas minorizadas, organizado polo Proxecto Trasno e no que colaboran tamén equipos cataláns, vascos, aragoneses e asturianos.
Hospitalizan os dous operarios de Citroën que protestan cunha folga de fame contra os despedimentos de dous compañeiros
Dous detidos nas protestas pola toma de posesión de Agustín Hernández como novo alcalde de Santiago de Compostela. Renato Núñez (CIG) e Manuel Dacal (Fruga) saltaron o cordón policial no momento en que Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, chegou á praza do Obradoiro. O BNG decidiu abandonar o pleno.
O Deportivo "prescinde" de Fernando Vázquez. O Consello de Administración do clube adopta esta decisión por "falta de confianza" no adestrador, que nos últimos días realizara numerosas críticas á política de fichaxes do clube.
A Policía blinda con valados o Pazo de Raxoi antes do pleno no que Agustín Hernández toma posesión como alcalde. No Obradoiro a Asemblea Cidadá maniféstase contra a corrupción.
David Rubín participa na campaña Viñetas de vida, de Intermón-Oxfam, que consiste en convidar un ilustrador a visitar un país no que esta ONG desenvolve un proxecto de cooperación para realizar posteriormente un cómic sobre o que ve
Israel ataca Gaza nunha grande operación militar, na que dirixiu aviación e artillaría naval contra 50 posicións islamistas. Hamas respondeu co lanzamento de proxectís.
O Goberno vasco atópase inmerso nun escándalo político por mercar espazos na prensa para introducir contidos gobernamentais como se fosen noticias, práctica habitual en Galicia nas últimas décadas. Cóntao El Diario