A Policía blinda con valados o Pazo de Raxoi antes do pleno no que Agustín Hernández toma posesión como alcalde. No Obradoiro a Asemblea Cidadá maniféstase contra a corrupción.

A Policía blinda con valados o Pazo de Raxoi antes do pleno no que Agustín Hernández toma posesión como alcalde. No Obradoiro a Asemblea Cidadá maniféstase contra a corrupción.
David Rubín participa na campaña Viñetas de vida, de Intermón-Oxfam, que consiste en convidar un ilustrador a visitar un país no que esta ONG desenvolve un proxecto de cooperación para realizar posteriormente un cómic sobre o que ve
Israel ataca Gaza nunha grande operación militar, na que dirixiu aviación e artillaría naval contra 50 posicións islamistas. Hamas respondeu co lanzamento de proxectís.
O Goberno vasco atópase inmerso nun escándalo político por mercar espazos na prensa para introducir contidos gobernamentais como se fosen noticias, práctica habitual en Galicia nas últimas décadas. Cóntao El Diario
Pescanova disponse a vender a planta acuícola de Mira, en Portugal, que a empresa e o PPdeG teimaron en instalar en cabo Touriñán. Cóntao Faro de Vigo.
Agustín Hernández será designado hoxe alcalde de Santiago. Será o terceiro rexedor da cidade no que vai de mandato e porase á fronte dun gabinete formado maioritariamente por persoas non electas.
O PP rexeita no Senado o traspaso á Xunta da autoestrada Santiago-Ourense, como pediu Feijóo, e garantir que o AVE galego teña vía dupla. Recólleo La Voz.
O Concello de Chandrexa de Queixa licita as obras para rematar o asilo ilegal ligado ao PP ourensán. Cóntao El País.
Mallando no Android informa de que dende esta tarde Gmail está dispoñible en galego. Coa chegada do galego, o servizo de correo electrónico de Google chega ás 71 linguas nas que pode ser empregado.
O Supremo anula as subvencións da Xunta aos colexios que segregan por sexo a instancias do recurso da CIG Ensino. Máis información, hoxe en Praza.