Pescanova disponse a vender a planta acuícola de Mira, en Portugal, que a empresa e o PPdeG teimaron en instalar en cabo Touriñán. Cóntao Faro de Vigo.

Pescanova disponse a vender a planta acuícola de Mira, en Portugal, que a empresa e o PPdeG teimaron en instalar en cabo Touriñán. Cóntao Faro de Vigo.
Agustín Hernández será designado hoxe alcalde de Santiago. Será o terceiro rexedor da cidade no que vai de mandato e porase á fronte dun gabinete formado maioritariamente por persoas non electas.
O PP rexeita no Senado o traspaso á Xunta da autoestrada Santiago-Ourense, como pediu Feijóo, e garantir que o AVE galego teña vía dupla. Recólleo La Voz.
O Concello de Chandrexa de Queixa licita as obras para rematar o asilo ilegal ligado ao PP ourensán. Cóntao El País.
Mallando no Android informa de que dende esta tarde Gmail está dispoñible en galego. Coa chegada do galego, o servizo de correo electrónico de Google chega ás 71 linguas nas que pode ser empregado.
O Supremo anula as subvencións da Xunta aos colexios que segregan por sexo a instancias do recurso da CIG Ensino. Máis información, hoxe en Praza.
Rafael Ribó, Síndic de Greuges (equivalente ao Valedor do Pobo), renuncia á súa condición de aforado. Comunica que non usará o trato xurídico específico para ser "consecuente"
Os candidatos a liderar o PSOE debaten a esta hora na sede do partido. Pódese seguir ao vivo en streaming na web dos socialistas
Rajoy presume de política social e nega os seus recortes na clausura do Campus FAES. Recólleo El Diario.
Galicia lidera a caída dos prezos de naves industriais e locais comerciais. Cóntao Faro de Vigo.